Mago Toño presenta “Un mundo ao revés”

Por 6 Agosto, 2019 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Toño o vindeiro venres 9 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Un mundo ao revés”.

Espectáculo visual basado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, senon unha serie de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación. Un espectáculo fresco e dinámico, recomendado para todos os públicos.

Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2019 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.