O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Brais o vindeiro venres 10 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Parque (en caso de choiva no Centro Cultural Municipal). Presenta o seu espectáculo “Elementos”. Trátase dun espectáculo onde se conxugan os elementos da Terra, o Aire e o Lume para levar a cabo aparicións de pombas, coellos, que, da mesma maneira que aparecen, desaparecen.
Fixo a súa primeira aparición nun escenario con 6 anos no Teatro Principal de Santiago de Compostela da man de Teresa Rabal no programa Veo Veo
Está destinado a todos os públicos.
Esta actividade está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.