Skip to main content
Novas

Luís López Diéguez, do Partido Popular, elixido novo alcalde do Concello de Rodeiro

By 14 Xuño, 2011No Comments

O día 11 de xuño do corrente celebrouse no Salón de Sesións da Casa do Concello a sesión constitutiva da Corporación elixida nas Eleccións Locais celebradas o día 22 de maio de 2011. Na mesma sesión, procedeuse á elección do alcalde, en votación secreta en urna, co seguinte resultado :

CANDIDATO FORMACIÓN POLÍTICA VOTOS
Luís López Diéguez Partido Popular 5
José Benito Vence Deza Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español 5
Manuel N. Salgado González Agrupación de electores Independentes de Rodeiro 0
Manuel Hermida Cidre Bloque Nacionalista Galego 0
Votos emitidos 11
Votos a candidaturas 10
Abstencións 0
Votos en branco 0
Votos nulos 1

Ao non acadar ninguén dos candidatos a maioría absoluta de dos votos emitidos (6 votos), de conformidade co establecido no artigo 196 c) da LOREX, quedou proclamado Alcalde do Concello de Rodeiro Don Luís López Diéguez, do Partido Popular, ao encabezar a lista que obtivo máis votos populares (962 sufraxios) nas Eleccións Locais.

Luís López Diéguez (Rodeiro, 1978) é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e leva desempeñando o posto de concelleiro do Concello de Rodeiro dende o ano 2003 ininterrompidamente. Na lexislatura 2003-2007 ostentou a Concellería-Delegada de educación, cultura, deportes e xuventude. Dende o ano 2010 ata o presente ocupaba o posto de voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello.

Leave a Reply