O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da compañía Lila Teatro o vindeiro venres 24 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Duncan de Palleiro”. É unha representación teatral sobre como transcorre a vida dun can, pero non dun can calquera. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras. Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2018, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.