Skip to main content
Novas

Letras Galegas 2018. Ubu Teatro presenta “Leonardo e os fontaneiros”

By 22 Maio, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da compañía de Ubu Teatro o vindeiro venres 1 de xuño ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Leonardo e os fontaneiros”. É un espectáculo teatral baseado no texto homónimo da escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Está destinado principalmente a un público infantil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Rodeiro e a Deputación de Pontevedra, coa colaboración da Editorial Galaxia.