No día de hoxe inician a prestación do servizo de axuda no fogar tres novas auxiliares contratadas polo Concello que atenderán a seis veciños con valoración de gran dependencia. O servizo prestarase de luns a venres en horario de mañá e tarde, cunha media de 70 horas mensuais por beneficiario, e está financiado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar coa cantidade de 20.000,00 €.