Información pública da instalación do parque eólico “Suíme”

Por 18 Novembro, 2021 Novas

A entidade mercantil Greenalia Wind Power S.L.U. solicitou as autorizacións pertinentes para a instalación do parque eólico “Suíme”. Dito parque eólico estará constituído por seis aeroxeradores, cunha potencia total a instalar de 30 MW, e sitúase integramente no termo municipal de Rodeiro. En cumprimento da normativa legal, sométese a información pública a seguinte documentación durante o prazo que se indica:

 

  • Proxecto de execución: trinta (30) días.

Enlace: http://descargas.xunta.es/0130b956-e2cd-4588-91c4-78181f3c6cda1634890539191

  • Estudo de impacto ambiental: trinta (30) días.

Enlace:http://descargas.xunta.es/1e8b15b7-b565-47ea-940c-553994b3a0311634890587671

  • Planos individuais: trinta (30) días

Enlace: http://descargas.xunta.es/1d5b6f66-d20a-4baf-bf4b-2722954d010a1634890525146

  • Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico): trinta (30) días.

Enlace: http://descargas.xunta.es/f79d59a4-6cd6-422b-ba36-def95f487b5a1634890535026

 

Data límite da información pública: 3 de xaneiro de 2022

 

Durante ditos prazos todas as persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poderán presentar as alegacións que estimen pertinentes.

 

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Rodeiro (praza da Fonte nº 2, 36530 Rodeiro, Pontevedra).

Anuncio: AnuncioG0596-221021-0009_es (pdf)