Skip to main content
Novas

II Xornadas de promoción da caza e dos produtos locais

By 17 Abril, 2013No Comments

Esta fin de semana ponse en marcha a II edición da iniciativa “Rodeiro de Tapas” co triple obxectivo de dar a coñecer o potencial gastronómico do pobo de Rodeiro a través de produtos locais de recoñecida calidade (lácteos, carnes, pan, ovos, caza, etc), impulsar o sector hostaleiro e o sector produtivo primario, e consolidar esta iniciativa para facer dela unha ferramenta de promoción turística, comercial e de desenvolvemento.

As datas nas que se levará a cabo serán en tres fins de semana alternos, nos que ademais o Concello ten previsto promover eventos relacionados coa cultura e o patrimonio co fin de vincular a distintos sectores da vida municipal no obxectivo de impulsar as potencialidades do concello.

20 e 21 de abril, os establecementos prepararán unha tapa na que empregarán como base alomenos un produto procedente da produción local.

17, 18 e 19 de maio, os establecementos prepararán unha tapa na que empregarán produtos de caza como base na elaboración.

1 e 2 de xuño, os establecementos ofrecerán as dúas tapas do concurso.

Estas son as propostas feitas polos participantes* para esta fin de semana:

Cervecería Pub-Quirós. Camba Revolta (ovos ecolóxicos, grelos, queixo do país, allo, perixel e pan de Rodeiro)

Mesón O Guerra. Bocadiño de Cocido (lacón, chourizo, cachucha e grelos)

Os dous de Sempre. Tortilla de queixo (patacas, ovos e queixo)

Pastelería-Cafetería Achacán. Solombo de porco con cebola da horta caramelizada e queixo de Camba (solomillo de porco, cebola, queixo e pan integral)

Pub Gallaecia. Filloa rechea de produtos caseiros (ovos caseiros, leite natural de Rodeiro, fariña, grelos, torresmos e chourizo)

Restaurante Casa Sánchez. ¡Un completo!, por favor (piruleta de queixo caseiro con leite crú de Rodeiro, brocheta de coello de Cogal e xeado con mel da Portela)

Taberna Bruxas e Coruxas. Espantallo ( mazás, augardente e tenreira de Rodeiro)

*As tapas servíranse de 13.00h-15.00h e de 20.00h-23.00h dos días de concurso.

Dende aquí animamos a todo aquel que queira participar na iniciativa que se achegue a Rodeiro e probe as propostas feitas polos nosos hostaleiros. Ademais entre todos os particiapantes sortearase unha cafetera Nespresso e dous estuches de dúas botelas de viño mangnum de Viña Pomal Centenario Crianza, cedidos polo coborador no evento o Grupo Codorníu-Raventós.

Leave a Reply