O vindeiro 22 de abril, e ata o 3 de maio, terá lugar no local da Sindical un curso de informática e internet aplicados ao medio rural.
Terá unha duración de 15 horas, nas que se abarcarán conceptos informáticos e ofimáticos e unha aplicación práctica ao medio rural.
A inscrición será gratuíta e está dirixido a agricultores e gandeiros da comarca principalmente, aínda que poderán acudir outras persoas interesadas.
Existe un máximo de 12 prazas que se cubrirán por orden de inscrición.
Na descarga asociada encóntrase o modelo de solicitude que se poderá presentar nas dependencias do Concello ou enviar por mail ao correo info@rodeiro.gal
Para máis información chamar ao telefono 986790009 ou no mail info@rodeiro.gal