Skip to main content
Novas

II concurso de decoración do Nadal “Rodeiro é ilusión”

By 5 Decembro, 2024No Comments

BASES DO II CONCURSO DE DECORACIÓN DO NADAL “ RODEIRO É ILUSIÓN”

Por segundo ano, o Concello de Rodeiro (Pontevedra), a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, de favorecer as compras en todo o termo municipal, presenta o Concurso de Decoración do Nadal dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións, comercios, empresas locais e familias que forman o noso Municipio.

  1. — OBXECTO.

O obxectivo é intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fins:

  • Dinamizar a participación activa dos-as cidadáns do Concello de Rodeiro (Pontevedra).
  • Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
  • Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
  • Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
  • Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.
  1. — PARTICIPANTES.

Establécense tres categorías de participantes:

  1. a) Familiar\Individual.

Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Rodeiro (Pontevedra) que realicen a decoración da fachada, balcóns ou outra zona exterior da súa vivenda.

  1. b) Empresas, comercio e hostalería

Poderán participar os establecementos e empresas do concello que teñan escaparate ou fachada visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios etc que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada…

Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas o de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de Rodeiro (Pontevedra) de calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión.

Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público.

Os interesados en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico biblioteca@rodeiro.gal, ou persoalmente na biblioteca.

  1. c) Decoración de espazos públicos.

Poderán participar, empresas que acrediten a súa vinculación con Rodeiro, as asociación e/ ou  agrupacións veciñais legalmente establecidas que decoren  unha praza/ lugar/… da parroquia na que estean establecidas a excepción do casco urbano de Rodeiro.

Para o casco urbano de Rodeiro detállanse a continuación os condicionantes.

Limítanse os espazos a ser decorados a 5:

Palco da música.

Praza de Oseira ( a zona a decorar será a delimitada)

Fonte do Concello ( a zona a decorar será a delimitada)

Muiño do parque

Parque do lago ( a zona a decorar será a delimitada)

Pola singularidade destes espazos, entregarase unha axuda por importe máximo de 350,00 € para colaborar na súa decoración previa xustificación e supervisión do gasto executado.

Para poder decorar calquera destes espazos hai que solicitalo previamente no correo biblioteca@rodeiro.gal e adxuntar un documento co que se pretende executar.

Adxudicarase o espazo por orde de inscrición podendo ser excluída calquera proposta por non se axustar aos criterios e bases deste concurso.

Na proposta poderá aparecer o nome dos patrocinadores a modo publicitario.

  1. — ENTIDADE ORGANIZADORA.

O Organismo encargado da valoración do concurso será o Excelentísimo Concello de Rodeiro (Pontevedra) a través do Departamento de Cultura onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados, etc que se produzan durante a celebración de dito concurso a través do correo electrónico xuliadacal@rodeiro.gal

  1. — MATERIAIS EMPREGADOS.

Os materiais empregados para a decoración deberán ser na súa meirande parte material reciclado, así como materiais provenientes da natureza ou outro medio natural sempre que non se prexudique ou dane o medio ambiente.

Os participantes disporán de liberdade no estilo e técnica empregada na decoración da vivenda, negocio e espazo público.

Os elementos decorativos que se empreguen non poderán causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens e basearanse na reciclaxe, a ecoloxía e a creatividade.

  1. — CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.

A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos realizarase por cada un dos participantes.

A decoración presentada non poderá ser modificada, deberá ser visible dende a vía pública e non causar molestia aos veciños ou transeúntes nin obstruír o tráfico de vehículos ou persoas.

A decoración deberá ter relación co Nadal e os motivos tradicionais do mesmo, tendo os participantes plena liberdade en canto á técnica e estilo decorativo, quedando totalmente prohibida a utilización de velas, fachos, pirotecnia ou calquera outro elemento que puidera resultar perigoso.

A decoración deberá permanecer exposta dende o día de solicitude ata o 07 de xaneiro de 2024, e contar as condicións precisas de conservación, coidado e seguridade durante todo o período de exposición.

As persoas participantes realizarán unha fotografía do decorado. As fotografías deben ser en formato dixital e poderán ser en cor ou en branco e negro.

As fotografías xunto coa inscrición cuberta deberán ser enviadas vía correo electrónico co asunto “concurso decoración de nadal”, á dirección xuliadacal@rodeiro.gal.  Os participantes que non cumpran este requisito poderán ser excluídos. No correo deberase indicar a categoría a que se presenta, os datos persoais e a dirección ou espazo a decorar.

Asemade, todas as fotografías das decoracións que se envíen deben contar con:

  1. a) Título da fotografía relacionado coa temática. O título da fotografía debe ser unha mensaxe non ofensiva.
  2. b) Nome e apelidos da persoa que a envía e no caso de negocio tamén o nome do mesmo.
  3. c) Número de teléfono de contacto.
  4. d) Enderezo e localización das vivendas para o acto de comprobación.
  5. e) N.I (fotografía ou fotocopia) ou C.I.F. da entidade.

O prazo de admisión remata o día 20 de decembro.

A decoración deberá ser retirada polos participantes deixando a vía pública en perfecto  estado de acondicionamento, limpeza e ornato.

Os participantes ceden o dereito das imaxes remitidas ao Concello de Rodeiro (Pontevedra) para a súa publicación en medios de comunicación, páxina web, redes sociais, para a realización dun álbum recordatorio, así como calquera outro soporte físico ou audiovisual co obxecto de publicidade corporativa.

  1. — PRAZOS.
  • Prazo para envío das fotos: desde o 3 de hasta o 20 de decembro.
  • Prazo de exposición do traballo: ata o 07 de xaneiro de 2024.
  • Prazo para a valoración: do 10 de decembro ao 3 de xaneiro.
  • Prazo de resolución de premios: 4 de xaneiro.
  • Prazo de entrega de premios nas datas que se estableza a festa de Reis.
  1. — TEMA.

A Decoración do Nadal das fachadas, balcóns, xanelas, escaparates, espazos públicos etc que dean a vía pública.

  1. — VALORACIÓN.

Para a valoración das fotografías presentadas ao concurso, o xurado terá en conta os seguintes criterios:

  1. a) Deseño.
  2. b)
  3. c) Cantidade e tipoloxía de materiais reciclables ou da natureza empregados.
  4. d) Adecuación coa imaxe xeral do espazo onde estea instalada.
  5. e) Entusiasmo polo Nadal.

Cada membro do xurado emitirá a súa valoración nunha acta de votación por categoría e o sistema de votación será o seguinte:

  • Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 10 puntos. etc.
  • A suma de todos os puntos , dará lugar aos-as gañadores-as do concurso.
  • No caso de empate, volverase a puntuar, pero nesta ocasión se puntuará do 1 ao 3, así sucesivamente ata que se consiga un claro gañador-a.
  • En caso de empate, será designada a candidatura que más número de veces acadase a puntuación máxima (10 puntos). Se aínda así continuase o empate, a designación correspondería á que acadase máis 9 e así sucesivamente.
  • O fallo será inapelable, podendo declarar deserto o concurso.
  • Formulado o fallo, e emitida a acta, a competencia para o outorgamento do premio corresponde a Concellería de Cultura ou órgano no que delegue.
  • Os-as concursantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.
  • Os premios se establecerán en función da maior puntuación obtida.
  • Unha vez emitido o fallo, o Concello de Rodeiro (Pontevedra) contactará cos premiados-as (persoa individual ou representante do negocio ou asociación ) co obxectivo de que aporten a documentación requirida, tal e como figura no Anexo I desta convocatoria.
  • A selección dos gañadores-as será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
  • A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
  1. — O XURADO.

O xurado estará formado por dúas persoas acreditadas designadas por acordo da Xunta de Goberno Local.

  1. — PREMIOS.

Os premios divídense por categoría da seguinte forma:

1º Categoría

  • 1º Premio: 150,00 €
  • 2º Premio: 100,00 €
  • 3º Premio: 75,00 €

2º Categoría

  • 1º Premio: 200,00 €
  • 2º Premio: 150,00 €
  • 3º Premio: 100,00 €

3º Categoría

  • 1º Premio: Diploma
  • 2º Premio: Diploma
  • 3º Premio: Diploma

11.— ENTREGA DOS PREMIOS.

Os premiados serán entregados o día de Reis na carpa municipal .

Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello de Rodeiro (Pontevedra) acreditativo do premio.

Os premios liberaranse a través dun vale para gastar no comercio, hostalería ou empresas de servicios de Rodeiro.

A data de entrega dos premios do concurso comunicarase aos interesados e publicarase na web do Concello. (sede electrónica, páxina de Facebook, etc).

DISPOSICIÓNS FINAIS.

A participación implica a aceptación desta convocatoria e calquera circunstancia non prevista será resolta pola organización.

O Concello de Rodeiro (Pontevedra), informa que os datos de carácter persoal que sexan facilitados serán obxecto de tratamento nos nosos ficheiros, coa finalidade de xestionar a participación no concurso, comunicar a condición de gañadores e entregar os premios correspondentes. Os datos do nome, apelidos e a dirección onde a decoración está instalada poderán ser publicados tanto nas páxinas web do organizador, como en calquera outro medio de comunicación electrónico ou convencional. A participación no concurso supón a plena aceptación do tratamento e cesión dos datos persoais e do uso das fotografías proporcionadas, nos termos expostos nesta convocatoria.

Coa participación no neste concurso autorízase ao Concello de Rodeiro (Pontevedra) ao uso de forma gratuíta da imaxe por tempo ilimitado.

A presente convocatoria publicarase na páxina web do Concello de Rodeiro (Pontevedra) e no taboleiro de anuncios, facebook, etc.