
O vindeiro venres 14 de agosto, Rodeiro acollerá unha nova proposta do programa +Escénicas +Teatro, cunha actuación do Gran Cuarteto da familia Bocaprier.
A formación ofrecerá un divertido e orixinal pasarrúas musical, que percorrerá o municipio desde As Carpinteiras ata o Pub Quirós, enchendo as rúas de música e animación.
A actuación dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será de balde, polo que veciñanza e visitantes poderán achegarse para desfrutar dunha noite diferente e para todos os públicos.