Esta exposición presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos permitindo concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
Mediante materiais expositivos, visitas guiadas, obradoiros e xogos os/as visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados no territorio galego, a variade e singularidade das especies animais e vexetais que poden atopar neles, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental.
A exposición estará aberta ao público dende o día 26 ás 11:00h ata o día 28 ás 17:30h.