Dende o Concello de Rodeiro estamos a impulsar a creación e implantación do II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Para elo gustaríanos contar coa colaboración do conxunto da cidadanía de Rodeiro, para que nos ofrezan as súas aportacións, tanto a nivel individual coma en representación dos diferentes colectivos e asociacións.
Deseñamos esta ficha para que cada persoa ou entidade do noso concello poida colaborar aportando as súas inquedanzas e suxerencias.
A ficha unha vez cuberta pode entregarse directamente no Servizo de Educación Familiar do Concello ou ben enviala ao e-mail educadora@rodeiro.gal.
O prazo para recibir propostas remata o vindeiro luns día 10 de novembro ás 14:30 h.