
Prepárate para vivir unha tarde-noite chea de diversión na Piscina Municipal de Rodeiro.
Terá lugar o sábado, 8 de agosto de 17:00 a 23:59 h.
Durante toda a xornada haberá:
– Hinchables dentro e fóra da piscina para nenos/as e persoas adultas.
– Música.
– Picoteo.
– Carreira sobre o hinchable acuático para persoas adultas.
– Actividades e animación.
Ademais, gozaremos das actuacións de Odaiko, Artística e Banda 80, que poñerán o mellor ambiente para unha festa inesquecible.
Reúne á familia e ás amizades e ven desfrutar dun dos eventos máis refrescantes do verán.
Agardámoste!