O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da ilusionista Fani Triana o vindeiro xoves 24 de novembro ás 18:30 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Maxia pola igualdade”, que está cheo de intres fascinantes: ofrécenos unhas obras cheas de feitizos, gags, situacións cómicas e sorpresas orixinais, todo guionizado na sensibilización da igualdade. Un xeito diferente de ver o ilusionismo, combinado coa súa experiencia coma actriz e escribindo moitos guións.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.