– APROBACIÓN DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.- Aprobouse por unanimidade.
– APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO DE 2011.- Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular, co voto de calidade do Sr. alcalde) e cinco en contra (grupo municipal socialista e Sr. Hermida Cidre).
– RESOLUCIÓN DA DISCREPANCIA EN RELACIÓN AO REPARO FORMULADO POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL POR FALTA DE CRÉDITO NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN (PPC), ANUALIDADE DE 2011.- Levantouse o reparo pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular) e cinco abstencións (grupo municipal socialista e Sr. Hermida Cidre).
– MOCIÓN DO CONCELLEIRO SR. HERMIDA CIDRE RELATIVA Á PARALIZACIÓN CAUTELAR DAS GRANXAS QUE SE ESTÁN A CONSTRUÍR NO LUGAR DE ABOLDRÓN POR PARTE DE EXPLOTACIONES PORCINAS ACHACÁN S.C.- Rexeitouse pola maioría de oito votos en contra (grupos municipais do Partido Popular e socialista) un a favor (Sr. Hermida Cidre) e unha abstención (Sra. Regueira Vázquez).
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A FESTA DA TERCEIRA IDADE.- Rexeitouse pola maioría de cinco votos en contra (grupo municipal do Partido Popular, co voto de calidade do Sr. alcalde) e cinco a favor (grupo municipal socialista e Sr. Hermida Cidre).