Skip to main content
Novas

Extracto dos acordos adoptados polo Pleno do Concello na sesión ordinaria celebrada o día 29 de agosto de 2008

By 1 Setembro, 2008No Comments

Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.- Aprobouse por unanimidade.
Aprobación do anteproxecto e acordos relativos á obra denominada “Colector xeral e EDAR de Rodeiro”. Aprobáronse por unanimidade.
Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á estrada Rodeiro-Piñor. Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular e Sr. alcalde), catro en contra (grupo municipal socialista) e unha abstención (Sr. García Deza).
Moción do grupo municipal mixto relativa á restauración da eira pública de Os Vilares.- Aprobouse por unanimidade.
Moción do grupo municipal mixto relativa á recuperación do recinto feiral de Río.- Aprobouse por unanimidade.

Leave a Reply