– Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.- Aprobouse por unanimidade.
– Acordo de adhesión do Concello á Asociación impulsora do pacto territorial de emprego de Deza-Tabeirós e nomeamento de representante do Concello.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, IdR e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do PP). Desígnase representante ao Sr. alcalde.
– Acordo de adhesión do Concello ao pacto territorial de emprego de Deza-Tabeirós e nomeamento de vogal na asemblea xeral.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, IdR e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do PP). Desígnase vogal ao Sr. alcalde.
– Acordo de modificación parcial dos estatutos da Mancomunidade de Terras de Deza.- Aprobouse por unanimidade.
Moción do grupo municipal mixto sobre colocación de recolectores de reciclaxe en todas as parroquias.- Aprobouse por unanimidade.
– Moción do grupo municipal mixto relativa á mellora das infraestruturas no Concello de Rodeiro.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e IdR) e cinco a favor (grupos municipais do PP e mixto).
– Moción do grupo municipal mixto sobre a mellora do servizo de retransmisión televisiva.- Aprobouse por unanimidade.
– Moción do grupo municipal mixto relativa á colocación de parques infantís polas parroquias de Rodeiro.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e IdR) e cinco a favor (grupos municipais do PP e mixto).
– Moción do grupo municipal mixto sobre calendario de apertura e peche da piscina municipal.- Aprobouse por unanimidade.
– Moción do concelleiro-delegado de agricultura, gandería e medio ambiente sobre a cota láctea.- Aprobouse por unanimidade.