O vindeiro martes día 10 de xaneiro ás 12:00h. terá lugar a inauguración da exposición “Sorrisos transformadores” no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Este proxecto que acolle o Concello de Rodeiro é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS), con fotografías de Noemí Chantada. A mostra está composta por diversas fotografías a través das cales se busca a visibilización positiva, naturalización e sensibilización da sociedade ante o colectivo transexual para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.
Baixo o lema “Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive-e deixa vivir” esta iniciativa trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.