A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro, ten previsto levar a cabo unha xornada de turismo, destino Tui e costa de A Guarda e Baiona, o vindeiro día 17 de xuño de 2016.
Poderán anotarse á excursión tódalas persoas pensionistas, empadroadas no Concello de Rodeiro.
Sairemos ás 09:00 horas e regresaremos entorno ás 20:00 horas.
O prezo desta excursión é de 15 € por persoa (inclúe autocar, seguro de viaxe, visita aos lugares de Tui, Monte Santa Tecla e Baiona, ademáis do xantar en restaurante dese día).
Poderán anotarse e abonala actividade, no Centro Cultural Manuel Lamazares ate o día 16 de xuño de 2016.
Para maior información poden chamar ao departamento de Servizos Sociais ou ben á Biblioteca Municipal aos teléfonos: 986790009 e 986790301