Especialistas Hípica Celta presenta “Seres fantásticos”

Por 31 Agosto, 2021 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da Compañía Especialistas Hípica Celta o vindeiro venres 3 de setembro ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta o seu espectáculo de rúa “Seres fantásticos”. Doraemon, Minnie e Mickey Mouse, Chase da Patrulla Canina, Peppa Pig… serán algúns dos protagonistas desta maravillosa cita infantil. Un evento onde os máis pequenos poderán ver en directo aos seus personaxes preferidos da televisión e disfrutar por todo o alto bailando, cantando e brincando con eles. Espectáculo recomendado para todos os públicos.

Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2021 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.