Skip to main content
Novas

Encontros de nais e pais

By 25 Xaneiro, 2010No Comments

Este venres 29 de xaneiro dará comezo a VI edición do proxecto de “Encontros de nais e pais”, actividade a través da cal se pretende traballar cos pais e nais do concello os diferentes temas e problemáticas que nos preocupan na actualidade en relación coa educación dos fillos e fillas.
Nesta edición conteremos con diferentes profesionais que nos achegarán a ámbitos coma a educación afectivo-secual, nutrición, educación en igualdade…, sempre tendo en conta que a base dos encontros son as ideas, o intercambio de experiencias e a participación activa dos pais e nais.

Lugar: Casa da cultura – Rodeiro
Data: venres 29 de xaneiro
Hora: 22:00 da noite

Leave a Reply