Skip to main content
Novas

Dinamo Teatro / Pedro Brandariz presenta “Risas á galega”. Programa Cultura no Camiño 2016

By 22 Agosto, 2016Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do humorista Pedro Brandariz de Dinamo Teatro o vindeiro venres 26 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal.

Presenta o seu espectáculo “Risas á galega”, un monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos en canto á súa cultura, ao seu idioma, as súas expresións e a familia. Abórdase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, dos seus costumes, das súas festas… Desde o “guapo, guapo non é pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista? Pasando polas manías dos pais, as obsesións das avoas, ata chegar aos chistes máis máis máis galegos.

“Risas á galega é un show co que todos nos sentimos identificados, pois todos “somos algo galegos”, ata os que din La Coruña, Arteijo ou Corujo.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.