Novas

Día da Árbore en Rodeiro

By 25 Marzo, 2026No Comments

O vindeiro venres 27 de marzo, o alumnado do CPI de Rodeiro participará nunha enriquecedora excursión ao Monte Común de Pereira, unha contorna natural de gran valor ambiental e paisaxístico.

Durante esta xornada, os nenos e nenas terán a oportunidade de aprender e conectar coa natureza a través de diversas actividades educativas e participativas: realizarán a plantación de castiñeiros, descubrirán a historia dos Montes en Man Común, achegaranse ao mundo da silvicultura e da botánica, elaborarán macetiñas de acivros e gozarán dunha visita á emblemática Pena do Marco.

Será un día pensado non só para aprender, senón tamén para convivir, compartir e fomentar o respecto polo medio ambiente.

Esta actividade está organizada Concellería de Economía, Educación, Deportes, Xuventude e Sector Primario, en coordinación  co CPI de Rodeiro, coa colaboración da Concellería de Servizos Básicos, Medio Ambiente e Emerxencias ademais da participación dos axentes forestais do distrito Deza-Tabeirós-Montes.

Unha xornada especial para sementar futuro

Share