Skip to main content
Novas

Designación do Tribunal cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a para as dependencias municipais

By 13 Decembro, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

De conformidade co establecido na Base 5ª do proceso selectivo, a Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 11/12/18, acordou, a proposta do alcalde, designar como membros do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a para as dependencias municipais ás seguintes persoas:

PRESIDENTA

Titular: Yolanda Aguiar Jorge, técnica municipal de Medio Ambiente.

Suplente: Daniel García Casares, condutor do camión de recollida do lixo.

VOGAIS

Titular: José Antonio Arias Deza, operario de Servizos Diversos.

Suplente: Francisco Lorenzo Eiriz, peón de Servizos Diversos.

Titular: José Carballo Suárez, administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal.

Suplente: José Albor González, peón de Servizos Diversos.

SECRETARIO

Titular: José María Novo Ramos, secretario do Concello.

Suplente: Francisco Javier Lamazares García, administrativo do Concello.

Faise público para xeral coñecemento e aos efectos de alegar polos aspirantes admitidos ao proceso selectivo a eventual concorrencia nos membros designados dos motivos de abstención ou recusación sinalados no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP).