O vindeiro dia 7 de xullo dará comezo o curso de “aplicacións informáticas de xestión” dirixido a persoas maiores de 16 anos con graduado escolar e que estén inscritas no servizo público de emprego. Os alumnos cobrarán unha axuda mínima de 6€ por día de asistencia, cun periodo de prácticas voluntarias en empresas. Ó remate do curso recibirán un diploma acreditativo expedido pola Xunta de Galicia.
Tódalas persoas interesadas neste curso poden informarse ou anotarse na Biblioteca de Rodeiro – 986 79 03 01 –