O Concello de Rodeiro abre de novo o prazo de matrícula para o curso de preparación para os exames libres de cara a obter o título de ESO, que se celebrarán previsiblemente nos meses de maio e setembro de 2017.
Esta aula de traballo está especialmente dirixida a aqueles mozos e mozas maiores de 18 anos ou que os cumpran no ano 2017 e que abandonasen os estudos sen ter o graduado en ESO e queren retomalos ou completar a formación básica.
A metodoloxía baséase nos principios da educación de adultos, partindo dos coñecementos previos de cada participante e con un sistema semipresencial. Establécense clases 2 días á semana, a determinar en función das posibilidades dos matriculados/as. O lugar de celebración é o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” en horario nocturno.
O prazo de matrícula estará aberto ata o vindeiro 24 de outubro.
Ademais, tamén se ofrecerá información e orientación sobre as diferentes vías de retorno ao sistema de educativo, educación de adultos, probas de acceso a ciclos, competencias clave, etc. de forma individualizada.
Para máis información contactar co Servizo de Educación Familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal