O vindeiro mércores 26 de novembro terá lugar unha primeira reunión coas persoas matriculadas no curso de preparación das probas libres para obter o título de ESO ou o acceso a ciclo medio de cara a concretar os horarios das clases e explicar en que consisten as probas, que metodoloxía se seguirá, etc.
A reunión será na biblioteca do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 20:30 h.
Polo momento aínda quedan prazas libres para matricularse. As persoas interesadas poden dirixirse ao servizo de educación familiar municipal (tfno.: 986790185, educadora@rodeiro.gal) ou ben acudir directamente á reunión para informarse.