Os vindeiros sábados 19 e 26 de novembro levarase a cabo este curso de adestramento físico e psíquico dirixido a mulleres e mozas que ten como principal obxectivo ensinar protocolos e técnicas de actuación ante diversas situación de perigo. Será impartido por un monitor especialista en defensa persoal e integrante da Federación Galega de Loita.
Este curso enmárcase dentro das actuacións que dende a Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP propoñen no marco de colaboración coa Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero da que Rodeiro forma parte.
Desenvolverase no Ximnasio municipal en horario de mañá de 10 a 14 horas.
Requírese inscripción previa no Servizo de Educación Familiar a través do teléfono 986790185 ou correo electrónico educadora@rodeiro.gal. Poden participar mozas menores de idade con autorización previa da nai, pai ou titor/a.
Aberto a tódalas mulleres que queiran apuntarse independentemente do Concello de residencia.
Dado que o curso tamén se vai impartir os mesmos sábados pero en horario de tarde no limítrofe Concello de Antas de Ulla, se algunha veciña por motivos de horario non pode acudir a Rodeiro poderá inscribirse igualmente para acudir a Antas de Ulla.