O Sr. alcalde asinou a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 26 de novembro de 2010, ás 17 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1 – Designación de representante municpal no consello escolar do CPI de Rodeiro.
2 – Moción do grupo municpal do Partido Popular relativa ao desbroce da pista que comunica a aldea de Couso coa cima do monte Faro.
3 – Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa ao desbroce da pista que une as aldeas de Saa e Cabanas.
4 – Moción do grupo municipal mixto relativa á retirada da nova lei de augas de Galicia.
5 – Moción do grupo municipal mixto relativa ao mantemento óptimo dos servizos sociais en Galicia.
6 – Moción do grupo municipal mixto relativa á reclamación de mantemento do servizo denominado Noitebús.
7 – Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa ao desbroce do camiño rural que comunica a aldea de Vilameá (Camba) coa estrada PO-533.
8 – Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á colocación dun valo na parcela situada á marxe esquerda da Avda. Gumersindo Areán, dirección estrada EP-6201.
9 – Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa ao conflicto do Sáhara.
10 – Moción do grupo municipal socialista relativa á defensa da sanidade pública.
11 – Rogos e preguntas.