O Sr. alcalde asinou a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro sábado día 13 de xullo de 2019, ás 10:00 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa Orde do Día que se sinala. Trátase do coñecido como “Pleno de organización”, regulado no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF).