Convocatoria de becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2019/2020 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Por 20 Agosto, 2019 Novas

Dende o 1 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.

O prazo de presentación remata:

– O 1 de outubro para estudos non universitarios

– O 15 de outubro para universitarios

A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace:http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/inicio.html . Nesta web encóntrase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso ás mesmas.

Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790185