Skip to main content
Novas

Convocatoria de becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional e do Ministerio de Universidades para o curso 2023/2024 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios

By 28 Marzo, 2023No Comments

Dende o 27 de marzo e ata o 17 de maio está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional e do Ministerio de Universidades, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.

Como é lóxico, neste mes aínda non se sabe con certeza que se vai a estudar para o curso que ven, pero póñense os estudos máis probables e despois en setembro poderanse cambiar e concretar aspectos coma onde se vai residir durante o curso. O importante agora é facer a solicitude para que poidan realizar a valoración dos requisitos económicos antes de setembro.
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009.