A pasada semana implantouse un novo contedor para a recollida selectiva de roupa no noso municipio. Este contedor sitúase na Avenida Gumersindo Areán e é xestionado pola Asociación Gallega Pro Desarrollo de África, Equus Zebra.
Equus Zebra é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento, declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior, que desde o ano 2000 traballa para a integración dos inmigrantes en Galicia e das persoas en risco de exclusión social .
No contedor pódense depositar, ademais de roupa, calzado, complementos (bolsos, colgantes, pulseiras …) e roupa de fogar (manteis, cortinas …).
Dispoñedes de máis información sobre esta organización en: www.equuszebra.es