Entre os días 8 e 15 de abril do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións locais e ao Parlamento Europeo do día 26 de maio de 2019.
Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).
Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 26 de maio.
Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace https://eleccioneslocaleseuropeas19.es/.