Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións locais do día 22 de maio de 2011

By 25 Marzo, 2011No Comments

Entre os días 4 e 11 de abril de 2011, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións locais do día 22 de maio de 2011.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello e deberase achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello, aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses e aos que non reciban a tarxeta censual) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan votar nas eleccións do día 22 de maio.

Leave a Reply