Día internacional para a eliminación da violencia de xénero
– II Concurso de carteis igualitarios
Neste concurso invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello. Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como Concello e como sociedade.
Para a creación dos carteis só se establecen 2 pautas:
O seu tamaño máximo será en A3.
A idea que transmita busque loitar pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.
Os carteis poderán entregarse ata o vindeiro venres 23 de novembro no servizo de educación familiar do Concello. Tfno. 986790185 – Ana. E-mail: educadora@rodeiro.gal.
Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o gañador a realización dunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2013.
O cartel gañador do I Concurso de Carteis Igualitarios celebrado no ano 2011 foi o elaborado pola Asociación de Mulleres Rurais “Virxen de Faro”.
– Acto público o 25 de Novembro no Centro Cultural “Manuel Lamazares”
O domingo día 25 terá lugar un acto ás 16:30 h. no que se presentarán os carteis elaborados e se elixirá o gañador a través dun xurado.
Ademais, cóntase coa colaboración na organización deste acto do grupo de teatro “Os Kambariteiros”, que representarán a peza teatral “Non me queiras tanto, quéreme mellor”, para maiores de 16 anos.
Así mesmo, darase lectura do manifesto institucional en contra da violencia de xénero.