O venres 25 de novembro o Concello de Rodeiro organiza un “Concurso de Carteis Igualitarios”
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Cultural
Neste concurso están invitadas a participar tódalas asociacións do concello e trátase de que cada unha presente o seu cartel de loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. Un xurado elixirá o que se considere máis innovador e que reflicte de forma máis adecuada o obxectivo do concurso que é a sensibilización contra a violencia de xénero.
Ademais, realizarase a lectura do Manifesto Institucional en Contra da Violencia de Xénero.
A continuación deste acto, arredor das 21:15 horas, representarase a obra teatral:
“Non me queiras tanto, quéreme mellor” a cargo do grupo teatral “Os Kambariteiros”, pertencentes á Asociación de Mocidade Kambota. Esta obra está recomendada para maiores de 16 anos.