O Concello de Rodeiro pon en marcha este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados no noso concello.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de verán para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
As actividades darán comezo o 23 de xuño e estenderanse ata o 7 de setembro de luns a venres non festivos.
Horario de mañá: de 09:00h. a 14:00h. Ofértanse 20 prazas.
Horario de tarde: de 16:00h. a 20:30h. Ofértanse 30 prazas.
Ábrese prazo de inscripción o vindeiro día 10 ata o 17 de xuño, incluido.
Na folla de inscrición indicarase en que horario e días vai acudir cada asistente.
Dado que existen prazas limitadas, priorizarase ás unidades familiares monoparentais e, en segundo lugar, a aquelas familias nas que ambos membros traballen.
O prezo por participar nas actividades fixarase en base á renda per cápita anual familiar, quedando exentos de pago aqueles participantes con renda per cápita menor de 6000 €.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.