Skip to main content
Novas

Concilia Rodeiro 2024

By 3 Setembro, 2024No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroada no noso concello.
Este actividade  está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante o curso escolar antes de comezar e unha vez rematada a xornada lectiva para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
O programa dará comezo o 11 de setembro de luns a venres en horario de 16:20h. a 20:20h. de luns a xoves e os venres de 13:50h. a 17:50h.

Como novidade para este curso créase o servizo “madruga”, para atender as crianzas dende as 08:00h. ata as 09:20h. en que comeza o horario lectivo, tamén de luns a venres. Para a súa posta en marcha establécese un mínimo de 4 inscrit@s.

Aberto prazo de inscrición dende o 2 ao 10 de setembro, incluído. Fóra dese prazo poderanse inscribir nenos e nenas de quedar prazas libres.
Ofértanse 10 prazas no servizo “madruga” e 30 no programa polas tardes.
Na folla de inscrición indicarase os días da semana e horario en que vai acudir cada participante. Os/as participantes inscritos/as anteriormente no programa Concilia só terán que aportar xunto coa solicitude a declaración de IRPF referida ao ano 2023 e aquela documentación que indique cambios na súa unidade familiar.
Dado que existen prazas limitadas, priorizarase ás unidades familiares monoparentais e/ou con mulleres en situación de vulnerabilidade e, en segundo lugar, a aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.
O prezo por participar nas actividades fixarase en base á ordenanza de actividades educativas e irá dende os 20€ aos 40€ en función das horas de asistencia mensuais, con deducións para 2º irmán, familia monoparentais, numerosas, rendas baixas e outras circunstancias especiais.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.

Solicitude Concilia Rodeiro 2024 (pdf)