Skip to main content
Novas

Composición do Tribunal, puntuación da fase de concurso e citación para a proba escrita do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

By 3 Xuño, 2021No Comments

Faise público para coñecemento xeral e aos efectos legalmente previstos que a Xunta de Goberno Local, por acordo adoptado na sesión celebrada o día 12 de maio do corrente, acordou designar como membros do Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación temporal de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar ás seguintes persoas:

PRESIDENTA

Titular: María Lara Hermida Fernández, traballadora social.

Suplente: Natalia Salgado Rodríguez, traballadora social.

VOGAIS

Titular: Laura Eiriz Sobrado, auxiliar do SAF.

Suplente: Elsa González Gallego, auxiliar do SAF.

Titular: María Ángeles Pampín Expósito, auxiliar do SAF.

Suplente: María del Rocío Morais Vila, auxiliar do SAF.

SECRETARIO

Titular: José María Novo Ramos, secretario-interventor.

Suplente: Francisco Javier Lamazares García, administrativo.

O Tribunal, reunido o día 3 de xuño de 2021, valorou os méritos presentados polas candidatas na fase de concurso, co resultado que se contén no documento anexo, e acordou citar ás aspirantes á celebración da proba escrita obrigatoria o vindeiro día 17 de xuño (xoves), ás 10:00 horas da mañá, na aula informática da antiga casa-escola do lugar da Latiza, parroquia de Álceme.

Publicación_Puntuación-Concurso-SAF (pdf)