Novas

Comezo de clases para preparar as probas libres de obtención do titulo de ESO

By 11 Outubro, 2014Abril 27th, 2015No Comments

Esta actividade está dirixida especialmente a aquelas persoas maiores de 17 anos que abandonasen os estudos sen obter a titulación básica. Hoxe en día o Título de ESO é un requerimento fundamental tanto para o acceso ao mercado de traballo como para o acceso a formación complementaria como ciclos de formación profesional, cursos para desempregados…
As clases son gratuítas e desenvolveranse 2 días por semana en horario de 20:00 h. a 21:30 h. no Centro Cultural Manuel Lamazares.
O grupo de traballo será reducido, con un máximo de 10 persoas, aproximadamente, e os horarios poden axustarse ás necesidades e expectativas dos participantes.
A actividade dará comezo o vindeiro 10 de novembro, ás 20:00 h. no Centro Cultural Manuel Lamazares.
Para máis información contactar con Ana, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply

Share