O Concello de Rodeiro, a través do Programa CONCELLOS SAUDABLES, organiza unha XORNADA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE, baixo o título de Come san para vivir mellor.
Esta xornada irase celebrando en tódalas parroquias do noso Concello, pero nesta ocasión son invitados a asistir os veciños da parroquia de San Vicente de Rodeiro.
A charla será impartida polos membros da unidade de concellos saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada e a directora do PAC de Lalín Pilar López Carrón. Trataranse temas como dietas equilibradas, creación de hábitos saudables para conseguir unha mellor saúde e benestar físico.
Invitamos a tódolos veciños da parroquia de Rodeiro á xornada informativa que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:30 o 16 de Setembro.