A Xunta de Galicia puxo en marcha un programa de Coidados porta a porta, que permanecerá no noso Concello os días 8,9,10 e 11 de agosto na rúa D (a carón do río). Ofrecerán consultas de:
-Audioloxía: valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
– Podoloxía: faise unha consulta básica, unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas
– Estimulación da memoria: a memoria: faise valoración cognitiva e proporcionanse pautas dende unha perspectiva terapéutica como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
Deste servizo poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa no teléfono 622 748 283 ou no 623 546 992 e de maneira totalmente gratuíta.
O día 8 de agosto ás 19:00h no centro cultural “Manuel Lamazares” tamén haberá unha charla sobre isto.