
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño, o Concello de Rodeiro, no mes previo, organiza un ciclo de cine ambiental e solidario, no cal se proxectarán documentais de diversas temáticas relacionadas con este eido.
O obxectivo desta actividade é achegar os cidadáns a diferentes problemáticas ambientais e sociais e con elo provocar unha reflexión sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas máis sostibles e responsables.
As películas proxectadas, son prestadas polo CEIDA a través do Centro de Documentación Ambiental.