Skip to main content
Novas

Chega “Rodeiro Activo” para promover o envellecemento activo e saudable

By 1 Abril, 2024No Comments

A partir do 1 de abril, inícianse os grupos do novo programa de envellecemento activo denominado “Rodeiro Activo”. É un programa destinado a fomentar o envellecemento activo e saudable entre os maiores do noso concello, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas e favorecer a súa autonomía persoal, promovendo o benestar, a actividade física e as interaccións sociais. Este programa, totalmente de balde, ofrece unha variedade de actividades deseñadas para promover a vitalidade, a socialización e o benestar integral das persoas participantes.
O programa, que se realizará unha vez por semana nas antigas casas escolas parroquiais nas que haxa demanda, en horario de mañá, contará con actividades que consistirán en sesións de xerontoximnasia para manter a movilidade e flexibilidade, exercicios específicos para estimular a memoria e a axilidade mental e obradoiros de manualidades que fomenten a creatividade e o desenvolvemento das habilidades manuais.
O programa está dirixido a todas as persoas maiores interesadas en manterse activas e aprender novas habilidades.
Para máis información ou para inscribirse chamar ao teléfono 986790185 ou nas oficinas do Concello de Rodeiro en horario de 8:00h a 14:30h. A inscrición permanecerá aberta ata o cese da actividade.