Skip to main content
Novas

Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual

By 21 Xaneiro, 2022No Comments

Este xoves levouse a cabo co alumnado de 4º da ESO do CPI de Rodeiro unha charla informativa na que se abordou a prevención das agresións sexuais e a violencia sexual entre a mocidade.

Esta actividade entra nas accións que dende a Secretaría Xeral de Igualdade se programan en colaboración coa FEGAMP dentro da rede de entidades locais contra a violencia de xénero á que pertence o noso Concello.

No marco do proxecto de Educación para a Saúde que se desenvolve anualmente dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar co alumnado da ESO do CPI, este ano comezouse en 4º da ESO con esta acción de concienciación e prevención da violencia sexual.