O Concello de Rodeiro organiza un encontro co escritor Darío Xohán Cabana co gallo de celebrar o Día Internacional do Libro. Terá lugar o vindeiro día 23 de abril ás 11:20 horas no Centro Cultural Municipal. Haberá unha conferencia e a continuación un recital de poesía. Esta actividade desenvólvese dentro do Programa Letras Vivas 2012.