Skip to main content
Novas

Cayetano Lledó presenta “very big international magic show”. Programa Cultura no camiño 2015

By 24 Agosto, 2015No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actuación de ilusionismo e maxia a cargo de Cayetano Lledó o vindeiro venres 28 de agosto ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. O espectáculo leva por título “Very big international Magic show”. É unha representación de maxia de grande formato para interior, onde se combina o encanto e a sedución da maxia co ilusionismo teatral, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afíns. Este show, pensado para todas as idades, mostra con grandes doses de humor e teatro o lado máis espectacular e fascinante da maxia.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Máis información en www.cayetanolledo.com