O vindeiro 16 de Marzo do 2008 terá lugar en Rodeiro a única proba en Galicia do circuito estatal de canicross.
O Circuíto Buff-Husse de Canicross é unha competición inter-clubs a nivel estatal en forma de liga por puntos, consistente en 13 probas repartidas por todo o país. Cada proba consistirá nunha competición independente, coa súa clasificación e trofeos específicos, e sumará puntos para a clasificación final do conxunto do circuíto.
O circuíto componse de 13 carreiras de entre 7 e 13 km. Nalgúns casos as competicións desenvólvense en paralelo a carreiras de montaña ou de mushing (cans de trineo), aínda que a maioría son carreiras exclusivas de canicross.
+ información en www.canicross.es